Entrevista do (a) MMar RIODERRADEIRO (*****)

Sobre mim

Ando a pescudar o tempo fuxidío, o canto do grilo, a historia máis oculta da pataca pelada, o pensamento das mareas vivas ao pé das murallas de Lugo, e cousas así, científicas, polo estilo. Arestora, estou moi empeñado nun programa secreto de adobiar con música castrexa as lampreas do Miño. Cando remate esta estresante tarefa, Deus ha marcarme outro/s camiño/s.

¡Carallo!, xa vou moi por diante dos acontecementos. E pódome perder...